Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Publicación Murguía

RSS de Publicación Murguía
COORDENADORA GALEGA DE ROTEIROS

A memoria do Foucellas e da Guerrilla anti-fascista

A Coordenadora Galega de Roteiros ten tras de si un importante currículo no que atinxe a unha actividade que vai encamiñada ao coñecimento do medio natural galego mais tamén da nosa realidade histórica.

- 10:55 05/05/2006
Tags:

Esta entidade vai desenvolver o vindeiro 6 e 7 de Maio unha marcha pola bisbarra de Ordes, nomeadamente percorrerán os concellos de Oroso, Ordes, Frades e Mesia. Segundo apunta a organización "conhecerá-se o meio ambiente da zona com umha caminhada à beira dos rios Cabrom e Lingoelhe, pertencentes à bácia do Tambre. Com as explicaçons de Pedro Alonso (Erva), comprovaremos sobre o terreno os impactos da alta velocidade ferroviária, a reflorestaçom e a concentraçom parcelária".

Aliás, haberá unha segunda xornada na que visitarán distintos lugares da zona cunha significación histórica de especial relevo, como "...a casa natal de António Bieito Fandinho ( fidalgo liberal e primeiro autor de umha obra dramática em galego); às ruinas do castelo de Mesia, derrubado nas guerras irmandinhas...", entre outros emprazamentos.

Nesta orde de cousas, as persoas que fiquen neste encontro achegaranse tamén á casa onde naceu o guerrilleiro anti-fascista Benigno Andrade ‘Foucelhas’, en Cabrui. Neste emprazamento a entidade organizadora indicou que colocarán "...umha placa de homenagem; -achegándose- ao cemitério onde repousam os restos de Manuel Ponte Pedreira ‘Jastre’ e dous guerrilheiros mais no lugar de Abelhá, tras cairem em combate na Primavera de 1947 no lugar de Fontao".

Para máis información achégase o seguinte número de telefone 653781296


Ligazóns

1/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: