Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
OS SINDICATOS AÍNDA NON RECIBIRON UNHA NOVA PROPOSTA DE DIÁLOGO

Todo Vigo pendente da folga do metal

As dúas primeiras xornadas da folga do metal foron secundadas por case 20.000 traballadores de toda a provincia de Pontevedra. Hoxe, máis de 5.000 persoas tomaron novamente as rúas de Vigo para protestar pola falta de acordo na negociación do convenio colectivo, provocando un caos na cidade propio da reconversión de finais dos 70. Os manifestantes desplazáronse desde os seus centros de traballo ata o concello e polo camiño provocaron varios incidentes polo que os bombeiros da cidade tiveron que sofocar varios incendios de contenedores na praza da Industria e na Rúa Coruña .Segundo os sindicatos, o seguimento da folga en Vigo está a ser do 100 por cento mentres que no resto da provincia do 95 por certo. Despois da ruptura das negociacións por parte da patronal na noite do mercores, os sindicatos aínda non recibirón unha nova proposta de diálogo, polo que a folga continuará durante os próximos días.

- 16:53 04/05/2006
Tags:

Os traballadores do metal botáronse desde onte as rúas de Vigo na procura dun convenio que reduza a eventualidade do sector e que recolla un aumento salarial dun 4 por cento sobre o IPC. Xa é coñecido en toda a cidade que "cando o metal para, para toda a cidade" e esta vez non é unha excepción. Aínda que con numerosos actos vandálicos, as xornadas de manifestacións estanse a celebrar sen incidentes de relevancia. Os principais accesos a cidade foron cortados, tanto hoxe como onte, provocando longas retencións na AP-9. Deste xeito, as principais prazas e rúas da cidade tamén foron invadidas polos manifestantes provocando o caos circulatorio no centro de Vigo. Na noite do mercores arrancaba un novo intento de negociación entre a patronal do metal e os sindicatos UGT, CCOO e CIG na que a delegación de Traballo exerceu de mediadora. Porén, as partes implicadas non chegaron a un acordo, polo que as manifestacións e movilizacións seguiranse celebrando durante os próximos días. Segundo Tomás Lorenzo, de CCOO, os sindicatos aínda non recibiron unha nova proposta de diálogo logo da ruptura de negociacións do mercores e de momento, non cre que esta chegue antes da próxima semana. O paro no naval, automoción, electricidade, talleres de reparación de automóbiles, técnicos de calefación e electricistas afectou ata as empresas do sector con convenio propio, xa que a produción destas depende en gran medida da industria auxiliar.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: