Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
UN DE CADA 10 GALEGOS ACTIVOS ESTÁ NO PARO

O paro medrou en 12.600 persoas, situando a taxa de desemprego en case un 10%

O paro medrou en Galiza en 12.600 personas ao longo do primeiro trimestre deste 2006 o que supón un incremento de case un 11 por cento en relación ao trimestre anterior. O número total de desempregados situouse en 126.800 persoas mentres a tasa de paro quedou nun 9,99 por cento. Todo isto segundo datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA) feita pública hoxe polo Instituto Nacional de Estatística (INE).

- 10:57 28/04/2006
Tags:

O incremento do paro en case once puntos respecto ao trimestre anterior situa a Galiza por encima do dobre da media estatal. Galiza é xunto coa Comunidade Valenciana, Cataluña, Canarias e o País Vasco unha das comunidades onde máis medrou o desemprego. Porén, os datos do INE sinalan a nosa comunidade como a quinta no que a novos activos se refire. O incremento do número de parados neste primeiro trimestre do 2006 contrasta cos datos do mesmo trimestre do ano pasado. Así, en relación co 2005 o número de parados descendeu en case sete puntos.

Por provincias, Ourense rexistra a taxa de paro máis alta da comunidade, con máis dun 12 por cento, tres puntos máis da media estatal, seguido de Pontevedra e A Coruña que se sitúan en torno ós 10 puntos. Pola súa parte, Lugo é con case un oito por cento a provincia galega con menor taxa de paro.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: