Vieiros

Vieiros de meu Perfil


RSS de
SIGNIFICATIVA DEMANDA DESDE GALIZA

Millón e medio de peticións para os .eu

Os catro concellos galegos que son capitais de provincia reservaron xa os seus enderezos internáuticos europeos, da forma: Lugo.eu, Ourense.eu e Pontevedra.eu. Pola súa banda, o Concello da Coruña, fixo reserva dobre: acoruna.eu e lacoruna.eu.

- 12:12 11/04/2006
Tags:

Tamén Vigo.eu e SantiagodeCompostela.eu están xa reservados polos respectivos municipios, e só Ferrol de entre as principais cidades esqueceu pedir o nome de dominio europeo. O éxito galego dos .eu inclúe a reserva desde entidades coma Caixa Galicia ou Caixanova, e empresas coma Gadis teñen tamén a súa solicitude feita e en diversas fases do proceso.

Galiza.eu e Galicia.eu foron solicitados pola Xunta.

Poden ver as estatísticas na web oficial.

  • Anterior: O día do .eu


0/5 (0 votos)