Vieiros

Vieiros de meu Perfil


RSS de
TRADUCIÓN DE "AUDACITY"

Primeiro foi o podcast, agora vén o falangullo

Logo do trunfo das bitácoras, noutras xeografías internáuticas prendeu forte o "podcasting". Novas sobre temas variados, monólogos humorísticos, receitas de cociña, opinións ao fío de asuntos diversos... Hai quen no canto de darlle á tecla prefire deixar os seus pensamentos de viva voz. Aí naceu o podcast, comentario falado que moitos combinan con música e que se convertiu nunha curiosa alternativa ou complemento na rede para a radio en liña. A ciberfesta proponlles aos participantes colaborar na tradución do Audacity, a ferramenta gratuíta para a edición de arquivos de audio que vén sendo máis usada para a elaboración dun podcast. Nós, de paso, improvisámoslles unha alternativa á palabra inglesa para referirnos a eses bagullos dixitais que recollen as reflexións dos internautas: falangullos?

- 12:43 08/04/2006
Tags:


0/5 (0 votos)