Vieiros

Vieiros de meu Perfil


RSS de
CAMPAÑA A PROL DO SEU DOMINIO EN INTERNET

Bretaña reivindica o .bzh

A recente conquista catalá diante da ICANN é tamén modelo para Bretaña, que busca o seu lugar en internet coa reivindicación do .bzh, de "Breizh", coma dominio propio para a súa lingua e cultura na rede. No aval da súa petición os bretóns lembran que as illas francesas da Martinica ou Guadalupe teñen xa a posibilidade de contaren cos seus enderezos propios.

- 15:23 06/04/2006
Tags:

A campaña lanzada na Bretaña a prol do seu dominio propio en internet recibiu xa máis de tres milleiros de sinaturas. Na escolla das tres letras que representen ás webs bretonas, tiraron directamente da palabra Breizh, Bretaña na lingua propia. O BZH xa é coñecido en Francia porque moitos condutores da rexión o levan pegado nos seus vehículos ao xeito que en Galiza estamos acostumados a ver o GZ.

Neste sentido, os promotores da campaña opinan que se trata dun bo xeito de promocionar a imaxe da Bretaña, a través dunha "marca de identidade forte". Do mesmo xeito, indican que a nivel económico será tamén proveitoso para as empresas da rexión, outorgándolles a posibilidade de comunicar os seus produtos coa "marca bretona".

A asociación pointBZH tén así o obxetivo de promocionar entre os internautas a utilidade para Bretaña de teren a súa propia extensión en internet adicada á súa lingua e cultura, pedirlle á ICANN que autorice o .bzh, xestionar o apoio á reinvindicación diante das autoridades francesas e recoller os fondos necesarios para o trámite do expediente diante da institución internacional, para o que calculan unha cantidade aproximada necesaria de 40 mil euros.


Ligazóns

0/5 (0 votos)