A Ciber Irmandade da Fala ten desde agora apousento de balde no servidor de Rede Galega, propiedade dos xestores da comunidade Fillos de Galiza. "A unión de todos os galegos e galegas, residentes e emigrantes, naturais de Galiza e descendentes, debe basearse na nosa lingua común", afirman desde o colectivo, ao tempo que agardan que este acordo sirva para a "converxencia dos obxectivos culturais e lingüísticos de ámbalas dúas organizacións".