A Mesa Pola Normalización Lingüística, a vasca Behatokia e o catalán Observatori de la Llengua reuníronse con varios partidos políticos no Congreso para lle pedir ás institucións estatais que cumpran os compromisos adquiridos a través da Carta Europea das Linguas Rexionais e Minorizadas e reforce un modelo plurilingüe para o estado. Á xuntanza asistiron BNG, EA, ERC, Nafarroa Bai, PNV, PSC, CiU e IC-V. As organizacións lingüísticas cren que é necesaria unha transición lingüística no Estado español avanzando cara a un modelo plurilingüe. Recentemente o Consello de Europa, órgano que vixía o cumprimento da Carta, corrixiu o comportamento das institucións españolas e recomendou que o ensino en Galiza fose principalmente en galego.