Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A CONSELLARÍA ADIÁNTASE Á LEI DA TRANSPARENCIA

Presidencia pon na web os salarios dos seus altos cargos

Do total de 72.121 euros brutos que ingresará ao cabo do ano o conselleiro Xosé Luís Méndez Romeu aos 44.758 euros que lle corresponderán a begoña Santos Fernández, delegada na provincia de Lugo, a lista completa de salarios dos altos cargos da consellaría de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza pode xa consultarse en internet.

- 07:58 13/03/2006
Tags:

A listaxe inclúe os datos salariais do conselleiro, o secretario xeral, Francisco Carballal Lugrís (61.407 euros brutos/anuais), os sete directores xerais, as catro delegadas provinciais e os directores do Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galiza e da Escola Galega de Administración Pública. Alén do propio conselleiro, o soldo máis alto vai para a directora xeral de Interio, Isabel Durántez Gil, cuns ingresos brutos anuais de 66.928 euros. A consellaría adiántase así á medida que incorporará a próxima Lei de Transparencia e Boas Prácticas na Administración Pública e que fará obrigatorio para todos os departamentos do goberno galego esta publicación.

No caso do conselleiro, a súa retribución anual inclúe o cobro pola presidencia de comisións "inherentes ao seu cargo" como son os consellos reitores do Cexesga e a Egap, e a participación noutras derivadas do seu cargo, coma é o caso da Fundación Semana Verde de Galiza ou o Consorcio de Santiago. O documento inclúe tamén os salarios do persoal eventual do gabinete da consellaría, con cantidades que están entre os 47.939 euros da xefa do gabinete até os18 mil de redactores e 16 mil dun asesor.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: