"Ao amencer do 29 de xuño de 1954 culminaba o triunfo da agresión estranxeira sobre a democracia guatemalteca" (iniciada o 20 de outubro de 1944 co derrocamento da ditadura de Ubico). Así comeza o libro La Batalla de Guatemala (fragmento) de Guillermo Torriello no que conta e analiza os antecedentes da invasión mercenaria e o derrocamento do presidente Arbenz promovida por Washington. Desde aquela, ese país tivo gobernos dependentes de Estados Unidos e a resistencia do pobo significou milleiros de mortos.
Guatemala está a ser usada agora como instrumento da política estadounidense.
Todo o poder de EUA e a influencia que exerce no mundo, estarán ao servizo da promoción da súa candidatura ao Consello de Seguranza. Nominación que naceu cando se soubo na ONU que Venezuela aspiraba a unha das vacantes e o embaixador de EUA, John Dalton, dixo que non era conveniente a presenza de Venezuela nese organismo.
O Consello de Seguranza ten cinco membros permanentes con dereito a veto (EUA, Gran Bretaña, Francia, Rusia e China) e 10 electos cada dous anos. Entre estes, dous son de América Latina e o Caribe, que cando non son escollidos polo grupo van a votación na plenaria e cada un debe reunir os dous tercios dos 191 votos.
Como debe estar claro, non se trata dunha liorta entre Venezuela e Guatemala, se non entre Venezuela e EUA. Non é a primeira vez que ocorre este enfrontamento nun organismo multinacional. En catro ocasións anteriores EUA foi derrotado na OEA. A última vez, para escoller ao Secretario Xeral. Nun momento apoiaron primeiro ao Chanceler de El Salvador, e deberon abandonalo; despois ao Chanceler mexicano, e a última hora, cando viron inevitábel a súa derrota, botarono a un lado para conseguir a unanimidade en torno a J.M. Insulza, que fora apoiado por Venezuela dende o primeiro momento, e evitar así outro fracaso. Porén, no Banco Mundial unha candidatura venezuelana tivo que retirarse.
Axuizando a política exterior venezuelana, os seus nexos con países árabes, africanos, asiáticos, as súas alianzas, as súas relacións con algúns países europeos, e naturalmente, en América do Sul e os caribeños, a súa posición no seo da ONU, fan supoñer que Venezuela pode atinxir os dous tercios exixidos, aínda que moitos deses votos son un desafio ao imperio. Non é nada doado, pero abondo probábel.
Despois de 52 anos, agora EUA librará unha batalla por Guatemala, non como aquela pola dignidade dun país.
"... está a ser usada agora como instrumento da política estadounidense"
A Igrexa está a voltar a ocupar o posto que non debeu deixar nunca, e comeza a xogar o seu papel mediador. A designación da nova directiva da Conferencia Episcopal que agora preside monseñor Santana, e a elección no Vaticano de monseñor Urosa como arcebispo de Caracas, foron dous pasos decisivos nesa orientación. Achegouse ao Estado, pero conserva a necesaria distancia.
Tanto nadar para afogar na beira.
Valido para o que lle aconteceu a EUA en Haití. Derrocou ao presidente Aristide, impuxo unhas forzas de ocupación, reprimiron a sangue e lume a resistencia, adiaron até tres veces as eleccións, depuraron o rexistro para deixar fóra a milleiros de pobres potenciais votos de René Preval, fixeron de todo, para que ao final por unha abrumadora maioria (51 a 12) gañase o candidato dos pobres e de Aristide. Outra derrota na carteira de Condoleezza Rice.
Gañando, perderon en Costa Rica. As estimacións eran de que gañaría Oscar Arias, partidario do Alca, por unha ampla vantaxe. Non foi así, xurdiu un inesperado candidato que avogaba pola revisión dese tratado, que estivo a piques de gañar. A absteción foi a máis alta en anos: 35% .
Unha minoría pronunciouse de acordo ao Alca nun patio seguro da política estadounidense.
Bastión Moral é un grupo zuliano que entre outros integran Alirio Almao, Jorge Guerrero, o Dr. Ciling Estrano e Wilfredo Olivier, cuxo obxectivo foi a loita contra a corrupción e pola decencia administrativa. Diciame Almao que están por abandonar pola súa impotencia fronte á corrupción e o desempeño de mafias en Zulia, que operan coa tolerancia dos gobernos nacional e rexional.
Sorprendidas algunhas mulleres pola receptividade na recopilación de asinaturas pedindo o cese á ocupación a Iraq. Coidan que con un empurronciño superarán o millón que lles pediu Chávez. Pero non sei se alguén as recibirá o próximo 8 de marzo.
A poucos dias do traspaso de poder de Ricardo Lagos a Michelle Bachelet, comeza a desdebuxarse a imaxe de exitoso estadista do presidente saínte. Leo en Punto Final que no último estudo do Banco Mundial (2005), ubica a Chile xunto a outros países de África e América Latina, entre os dez con un reparto da riqueza máis inequitativo do mundo: "A desigualdade entre os ingresos do 5% máis rico e o 5% máis pobre, pasou, entre 1999 e 2005, de 110 veces a 220 veces". É dicir, duplicouse. Confiamos que a Bachelet recompoña esa desproporción.
Separatistas en Zulia
En Maracaibo xurdiu recentemente o que podería chamarse un partido separatista, que promove a escisión do Zulia do territorio venezuelano. Chamase "Rumbo Propio", supostamente nutrido de ideas conservadoras, cristiás e non cristiás.
O seu programa está nun Estatuto Autonómico e promove un plebiscito para aprobalo.
Recoñece claramente que están á marxe da lei: "Dende logo este Estatuto e este plebiscito non collen na Constitución, nin na orde xurídica que ela preside...
Por iso, o zuliano ten que ser un proceso paraconstitucional, como ao comezo o foron as autonomías españolas".
Estamos fronte a un feito ilado? Nin islado nin casual. Fronte a esas accións non foron casuais algunhas viaxes e accións do embaixador de EUA (en 1928, segundo Jorge Olavarría, citado en artigo de Francisco Gotera Alarce, o empresario estadounidense Guillermo Buckley quixo separalo e crear un estado independente). Como tampouco non é alleo á mesma a gobernador Rosas, quen semella buscar novos camiños para se opor ao Goberno central, e co pretexto de promover a zulianidade, sementa a idea de "un país zuliano".
O problema debe ser examinado seriemente.
Aínda que en outros momentos apareceron eses ímpetos secesionistas, hoxe ten características especiais. O petróleo pode estar no epicentro e reter intereses do exterior, e unha motivación política para enfrontar ao goberno do presidente Chávez.
Eleazar Díaz Rangel é o director do xornal máis vendido de Venezuela Últimas Noticias