A consellaría de Traballo confirmou este martes que as obras do porto exterior da Coruña permanecerán paralizadas até que as empresas adxudicatarias das obras non melloren as medidas de seguridade. Así, e alén do propio acordo que construtores e sindicatos xa pecharan para deter as obras ata o próximo xoves, a Inspección de Traballo ordeou que se integre no contorno onde se constrúen os novos peiraos unha oficina técnica para a prevención que teña entre os seus cometidos a avaliación da situación meteorolóxica para determinar en todo momento se, no seu caso, o risco polo estado do mar pode recomendar a paralización temporal dos traballos.