Avaliar o estado das obras, analizar as posíbeis complicacións técnicas, as carencias na planificación, identificar as neglixencias que causaron as reecntes mortes e determinar as melloras que en materia de seguridade é preciso realizar será o obxetivo durante este período no que as obras do novo porto coruñés permanecen paralizadas. Así o acordaron a Autoridade Portuaria da Coruña, a unión temporal de empresas adxudicataria das obras e os sindicatos que representan aos traballadores. Diante dos accidentes que xa lle custaron a vida a tres persoas desde que se iniciou o proxecto, os promotores prometeron entregar un plan de seguridade detallado a debater despois cos sindicatos.