Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
DOMINIO CATALÁN

Comezan a rexistrarse os primeiros .cat

Ás cinco da tarde deste luns dará comezo o proceso de rexistro de enderezos co dominio catalán, nunha primeira fase na que poderán solicitar o .cat as entidads cunha especial dedicación á promoción da lingua e da cultura catalanas. A partir do 20 de febreiro o permiso de solicitude ampliarase a entidades, empresas e individuos que ofrece unha comunicación significativa en catalán, así como ás 60.000 asociacións, empresas e individuos que apoiaron a campaña polo .cat, en sinal de agradecemento. A partir do día de Sant Jordi, 23 de abril, o rexistro de dominios .cat abrirase a todos os usuarios que o desexen, toda vez que as solicitudes sexan admitidas polos rexistradores autorizados. Poden ampliar en Vilaweb e na páxina da Fundació PuntCat.

  • Anterior: As illas do dominio .tk buscan a independencia

- 10:58 13/02/2006
Tags:


0/5 (0 votos)