Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ANTE O INMINENTE NACEMENTO DOS SEUS XEMELGOS

Quintana será o primeiro alto cargo da Xunta que pide permiso de paternidade

O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, vai ser o primeiro alto cargo da Xunta en pedir un permiso de paternidade, de entre oito e dez días, unha vez que nazan o neno e mais a nena que espera coa súa compañeira sentimental, Cristina Cid, nos vindeiros días. Segundo informaron a Europa Press fontes da vicepresidencia, Quintana quere "estar cerca" da súa familia e "dar exemplo, sobre todo, agora que se está a preparar a Lei de Conciliación familiar e laboral", que previsibelmente irá ao parlamento a comezos do 2007. Este proxecto de lei está inspirado no Plan Concilia, posto en marcha polo goberno de Zapatero, que prevé para os empregados da Administración central sete días de permiso por paternidade máis que os fixados pola lei xeral.

- 15:36 05/02/2006
Tags:


0/5 (0 votos)