Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
AMEAZA A IRÁN SE CONSEGUE ARMAS NUCLEARES

Bush confesa a "adicción" dos EUA ao petróleo e di que seguirá a súa misión en Iraq

No seu discurso sobre o estado da Unión, o presidente dos Estados Unidos anuncioulle ao pobo norteamericano os obxectivos e compromisos do seu goberno para 2006, que inclúen aumentar o investimento en tecnoloxía para non ter que depender tanto do petróleo, do que que confesou que o seu país é "adicto". De todas maneiras Bush anunciou que as súas prioridades para este ano son rematar a súa "misión" en Iraq e manter a loita contra o terrorismo, dentro e fóra dos EUA. A súa "chamada da Historia para liberar os oprimidos e facer avanzar este mundo cara á paz" inclúe unha advertencia a Irán e a Corea do Norte, que xunto con Iraq conforman o "eixo do mal", pero especialmente a Irán, que "está desafiando o mundo coas súas ambicións nucleares" e ademais "apoia a terroristas nos territorios palestinos e no Líbano". E "iso debe rematar", engadiu.

  • O discurso de Bush, en texto e en vídeo
- 09:13 01/02/2006
Tags:


0/5 (0 votos)