A web da Xunta publicou este luns unha noticia en castelán, rompendo unha longa traxectoria de información en galego no frontal da web. A nova, titulada 'Conclusiones de la VII Cumbre Galicia Asturias', é unicamente o pé dunha liña para a descarga dun documento de conclusións deste cumio: Conclusiones del (sic) VII Cumbre Galicia Asturias. Puede consultar el texto de las conclusiones de la VII Cumbre Galicia Asturias en el siguiente enlace: conclusiones. O documento, que tamén só está dispoñíbel en castelán (nin en galego nin en asturiano), resume os acordos e puntos de confluencia entre as dúas administracións autonómicas.