Co obxectivo de facilitar a distribución das obras nas redes dixitais "con pleno respeto aos dereitos de autor", a Sociedade Xeral de Autores e Editores, SXAE, presentou un tipo de licenza coa que quere sumar coma socios "a aqueles autores noveis que queiran dar a coñecer a súa música de balde en internet". Sobre o tema autores galegos opinaron esta semana para o Faro de Vigo gabando que o intercambio de música en internet aumenta o afluxo de xente aos concertos. Contámoslles de paso dunha nova acusación a esta entidade por "tentar sacar cartos de actos benéficos". Desta volta pretendían cobrarlle 518 euros a un obradoiro cultural de rapaces con discapacidades psíquicas por usar títulos de coñecidos autores para as obras de cinco minutos que representaban. Logo de varios anos teimando no cobramento, cunha denuncia xudicial incluída, e despois de facerse público o caso a SXAE pediu desculpas polo caso e prometeu devolver os cartos.