Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
OS MUSEOS INAUGURAN EXPOSICIÓNS

Frida e Seoane na Coruña, contemporáneos en Vigo e Compostela

Os museos de arte contemporánea galegos coincidiron en escoller este 20 de xaneiro para renovar os contidos das súas salas de exposicións. Na Coruña a Fundación Luís Seoane fai este venres dúas inauguracións: Frida Khalo, a gran ocultadora, consolidando o ano Frida en Galiza, e Nas profundidades: os tentáculos dos anxos, unha mostra de homenaxe ao propio Luís Seoane. Delas dá conta Vieiros A Coruña. En Vigo o MARCO estrea O momento suspendido, unha selección de 20 artistas internacionais e unhas 60 obras (pinturas, fotografías, vídeos, instalacións e esculturas) da Colección H&F. E en Santiago o CGAC abre a súa nova etapa de exposicións para 2006 cunha mostra do escultor contemporáneo Román Seigner.

- 12:46 20/01/2006
Tags:


0/5 (0 votos)