Vieiros

Vieiros de meu Perfil


RSS de
CINECLUBE COMPOSTELA

Versión Orixinal Subtitulada en galego ata finais de marzo

O martes 17 de xaneiro comeza un novo ciclo para o Cineclube Compostela, un ciclo de cinema que nos leva ata o mes de abril e no que o público se vai poder deleitar con pezas de cinema documental xa clásico como Chile, a memoria obstinada de Patricio Guzman ou clásicos do cinema francés como O crime de monsieur Lange de Jean Renoir.

- 17:30 26/01/2006
Tags:

A cita vai ser cada martes guíada polo seguinte programa:

  • 17 de xaneiro. Así é e Revolución, do boliviano Jorge Sanjinés.
  • 24 de xaneiro. Pensantes de John Grierson e Almadrabas de Carlos Velo.
  • 31 de xaneiro. Unha muller de Toquio de Yasujiro Ozu e unha curtametraxe de Charles Chaplin.
  • 7 de febreiro. Chile, a memoria obstinada de Patricio Guzmán.
  • 14 de febreiro. O Cineclube compostela programa un filme musical.
  • 21 de febreiro. Terra negra de Ricardo Íscar.
  • 28 de febreiro. O crime de monsieur Lange de Jean Renoir.
  • 6 de marzo. O Cinceclube ofrece unha serie de curtametraxes de carácter ecolóxico, unha sesión organizada coa colaboración de Ourol.
  • 13 de marzo. Os traidores e Terra queimada de Raymundo Gleyzer.
  • 21 de marzo. O fondo do aire é vermello de Chris Marker.
  • 28 de marzo. A caída da dinastía Romanov de Esfir Shub.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: