Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CEN NOVOS POSTOS DE TRABALLO

O informe oficial da UE prognostica que o porto exterior só creará o 5% dos empregos que prometía a Autoridade Portuaria

Unha vez que estean en funcionamento, os novos peiraos coruñeses crearán 75 empregos directos e uns 25 indirectos, un cento de traballos que está lonxe, dos dous milleiros de postos que prognosticara o estudo asinado polo ex presidente da Autoridade Portuaria, Guillermo Grandío. Así o recolle a resolución da Comisión Europea que autoriza a subvención de 257 millóns de euros para o porto exterior. Esta análise subliña que o maior impacto económico vaise producir durante os seis anos da súa construción, período no que se lle dará traballo a un milleiro de persoas. Recomendámoslles a información que publica este luns La Opinión.
Anteriores:

  • Quintana lémbralle ao goberno español que debe investir no interior de Galiza o que aforra no porto exterior da Coruña
  • Os portos exteriores da Coruña e Ferrol: excluíntes ou complementarios?
  • O porto exterior da Coruña recibirá a maior partida dos fondos de cohesión destinados a Galiza

- 07:49 16/01/2006
Tags:


0/5 (0 votos)