Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O BIPARTITO ACORDARA A SÚA INTEGRACIÓN NA SANIDADE PÚBLICA

Sanidade inicia a extinción das fundacións coa do Foro Galego Iberoamericano da Saúde

Na súa comaparencia no Parlamento para explicar o programa da consellaría de Sanidade para esta lexislatura, a conselleira María Xosé Rubio Vidal subliñara o compromiso de que as fundacións hospitalarias galegas fosen extinguidas antes do final de 2007. A consellaría reafírmábase neste prazo ao tempo que anunciaba este mesmo xoves que se iniciaban os trámites para a desparación da Fundación Foro Galego Iberoamericano da Saúde, lembrando que as súas funcións son propias do Sergas e que se "solapan coas funcións doutras institucións".

- 07:57 13/01/2006
Tags:

"Non tiña sentido ningún seguir prolongando a actividade desta fundación", advertiu María Xosé Rubio ao respecto dunha entidade que apenas tiña coma principal función nos últimos tempos a organización do Salón Internacional de Saúde, actividade que "non é motivo suficiente para manter esta fundación".

Así, e durante o acto que presidiu no padroado da fundación, a conselleira avanzou que se "inician os trámites para a súa extinción xa que, as funcións para as que foi creada en 1997 son propias da Consellería de Sanidade ou do Servizo Galego de Saúde ou ben se solapan coas funcións doutras institucións tamén dependentes da Administración Sanitaria". O padroado acordou ademais o cesamento do director xerente da fundación.

Lembrámoslles que a opción dos gobernos populares favorábel á creación deste modelo de xestión a través de fundacións sanitarias fora foco habitual de críticas desde a oposición, que acusaran aos sucesivos gobernos Fraga de usalas para prácticas clientelistas alén das propias irregularidades na xestión das súas contas, denunciando tamén os problemas para os profesionais da sanidade e os défices de recursos.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: