Vieiros

Vieiros de meu Perfil


RSS de
VIDEOCÁMARAS

O MpDC contra a videovixiancia

O 10 de xaneiro de 2006 é a data que consta na petición presentada no Rexistro Xeral de Santiago polo Movemento polo Dereitos Civís (MpDC). No documento solicítase a retirada das cámaras das rúas compostelás por non cumpriren co principio de proporcinalidade necesario para a súa instalación.

- 15:51 10/01/2006
Tags:

Así o MpDC inicia un proceso contencioso no que se solicita a retirada das mencionadas videocámaras fundamentándose na falla de proporcionalidade que esixe a Lei Orgánica 4/1997 e que se encarga da regulación dos sistemas de videovixiancia nas rúas. Segundo indica o MpDC esta lei apunta que "a utilización de videocámaras está presidida polo principio de proporcionalidade, na súa dobre versión de idoneidade e intervención mínima. A idoneidade determina que só se poden empregar videocámaras se resulta axeitado, nunha situación concreta, para o mantemento da seguridade cidadá". Por outra banda, segundo a mesma lei "a intervención mínima esixe a ponderación, en cada caso, entre a finalidade pretendida e a posible afectación polo uso das videocámaras ao dereito á honra, á propia imaxe e á intimidade das persoas".

Por todo iso o MpDC solicita a retirada das videocámaras do casco vello xa que "non están a evitar nin delictos nin infraccións graves e si que están a atentar contra dereitos fundamentais das perosas". Para apoiar a súa demanda a organización conta con probas documentais recadadas en máis de dous anos e que xa se presentou diante do Defensor del Pueblo, o Valedor do Pobo, a Comisión de Garantías de Videovixiancia, a Fiscalía, o Concello de Santiago e a Delegación do Goberno e, segundo o MpDC, ningunha destas entidades autorizou as mencionadas cámaras.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: