A empresa "R" está buscando clientela na Rúa. O seu obxectivo é incluír esta localidade entre as que reciben os seus servizos de telefonía, internet e TV por cable. A operadora galega, que preside o valdeorrés Honorato López Isla (Santa Cruz do Bolo, 1947), xa presta o seus servizos no Barco desde o comezo do seu programa de captación de mercado. O obxectivo de "R" é ofrecer os seus servizos aos edificios situados nas principais rúas da vila, non cubrindo a súa rede, como acontece no Barco, as zonas periféricas, o casco histórico ou barrios de vivendas familiares onde a empresa valora como non rendible a extensión da fibra óptica. O concello rués facilitou a "R" unha sala na Casa do Concello para que atenda aos veciños e comunidades interesadas.