Logo de conseguiren un éxito coa acción sobre os topónimos dos iogures de Larsa, a Ciberirmandade da Fala pon o seu obxectivo na Federación Galega de Surf. A web da entidade está unicamente en castelán, se ben dende a Ciberirmandade sinalan que inclúen os logotipos da Xunta e da Fundación Deporte Galego. Así que lle solicitan mediante carta que inclúan unha versión en galego, carta que se dispón na súa web para o envío masivo.