Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
DEFENDE A CREDIBILIDADE DO PROXECTO

O fundador da Wikipedia considera posíbel abrir a enciclopedia á publicidade

"Hai moitas compañías interesadas en poñer publicidade", recoñeceu recentemente Jimmy Wales, fundador da Wikipedia. "Hai moita resistencia a dar ese paso, non só desde a propia comunidade senón tamén miña propia", confesou, "pero estámonos preguntando xa sobre a cantidade de cartos que estamos rexeitando". Wales láiase das recentes polémicas sobre a calidade da Wikipedia a conto de erros moi concretos e gaba os estudos que avalían a credibilidade da iniciativa. Ao tempo, advírtelle aos que agoiran grandes revolucións no xornalismo a curto prazo que a rede non eliminará os diarios tradicionais, pero si promoverá unha maior participación cidadá. Velaquí a entrevista que lle fixeron en The Times.
Anteriores:

  • Nature avalía que a calidade da Wikipedia está á altura das enciclopedias tradicionais
  • Rifas e eivas a conto da enciclopedia internauta

- 09:12 03/01/2006
Tags:


0/5 (0 votos)