Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
LOGO DO 11S

O goberno Bush espiou a colectivos pacifistas

Lembrarán os que viran o filme documental Fahrenheit 9/11 de como un colectivo pacifista adicado a actividades tan subversivas coma xuntarse para falar e comer pasteis caseiros descubriu que tiña un espía do goberno infiltrado. A prensa USA ofrece esta semana probas doutros excesos policiais coma foi a vixiancia sobre asociacións culturais ou ecoloxistas coma a propia Greenpeace para determinar se tiñan vencello con incertas redes terroristas internacionais.

- 08:47 21/12/2005
Tags:

Malia que unha lei promulgada a finais dos anos 70 prohibiu a vixiancia de cidadáns se non hai orde xudicial, Bush asegurou que ten autoridade para ordear estas prácticas e teimou en que seguirá facéndoo. Aínda que en anteriores intervencións e preguntado ao respecto, o presidente USA recoñecera que o goberno non pode facer escoitas telefónicas sen permiso dun xuíz, argumenta agora que os permisos do Congreso para o uso de novas medidas de forza logo dos atentados do 11S autorizaríano a ordear esas prácticas.

Ao respecto, o vicepresidente Cheney insistiu no discurso do medo: "Non é un accidente que fosemos atacados en catro anos", subliñou, "eu creo nunha autoridade executiva con forza, poderosa e creo que o mundo onde vivimos require disto". Desde o propio bando republicano xa se escoitaron voces en contra desta actitude.

As novas da espionaxe ilegal, sen autorización xudicial, sobre cidadáns estadounidenses, axitou os pasados días a actualidade daquel país. As novidades sobre o control concreto que o FBI fixo sobre a actividade dun amplo número de colectivos pacifistas provoca o reaxir das críticas e ademais do bando demócrata, tamén algúns senadores republicanos se amosaron a prol de pedirlle explicacións ao goberno Bush sobre esas actividades.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: