Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE SINATURAS

A retención de datos "non é solución"

A oposición á nova directiva da Unión Europea para a retención de datos telefónicos e de internet agroma por toda parte, e, esta vez, faino en forma de páxina web. Data retention is no solution, A retención de datos non é a solución, é un sitio aberto pola European Digital Rights (EDRI), unha plataforma creada por diferentes organizacións para a defensa dos dereitos civís na sociedade da información; e por xs4all, Access for All (Acceso para todos), un proveedor de internet holandés. O manifesto pendurado na web explica a postura da plataforma, que afirma que a retención de datos vulnera os dereitos humanos, e solicita ás institucións europeas a revisión do proxecto e que "defendan a protección dos dereitos humanos, incluída a itimidade". As máis de 58.000 asinaturas recollidas na web foron enviadas xa á Comisión Europea e ao Parlamento Europeo.

  • A UE aumenta o control sobre os seus cidadáns

  • - 12:26 20/12/2005
    Tags:


    0/5 (0 votos)