Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
XORNADAS DE EMUGA EN ARZÚA

As emisoras municipais presentan o seu proxecto conxunto Radiofusión

Radiofusión, a programación conxunta que parte das radios municipais galegas veñen ofrecendo dende outubro preséntase esta fin de semana nas XIV Xornadas de Emuga, que se celebran en Arzúa. Trátase dunha programación vespertina e dirixida fundamentalmente á xente nova que se pode escoitar a través das desconexións que polo de agora fan Radio Allariz, Radio Redondela, Radio Tui, Radio Negreira, Radio Arzúa, Radio Eume (As Pontes), Radio Ordes, Radio Fene e Radio Foz. Nas vindeiras semanas iránse sumando novas emisoras ao proxecto ata superar as 25 estacións.

- 10:25 16/12/2005
Tags:

Neste momento Radiofusión emite soamente na franxa da tarde-noite, cunha grella que inclúe dous programas: o magazine "Antípodas, un programa de aquí", conducido por Tomás Lijó e Helena Dopico de 19h a 21.30h, e o programa de actualidade "Ultramariños", que dirixe e presenta Leo Toral.

Xornadas en Arzúa
As XIV Xornadas de Radio Local que se celebran este sábado en Arzúa teñen como obxectivo analizar as estratexias de desenvolvemento e cooperación que poidan servir, por unha banda, para seguir achegando a cidadanía á radio e pola outra para axustar a radio ás necesidades dos ouvintes. Está prevista a presenza de, entre outros, o Director Xeral de Comunicación Audiovisual da Xunta de Galicia, Manuel Fernández e do Vicepresidente do goberno galego Anxo Quintana.

Ao longo das xornadas presentarase un xestor de contidos web para Radiofusión, así como a análise das solucións informáticas libres que mellor poden contribuír a que, a través das ondas ou da rede, os contidos radiofónicos cheguen ao ouvinte coa mellor calidade e inmediatez posibles.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: