Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
LINGUA E SOFTWARE

Primeiros avances no Firefox en galego

Hai un par de anos que esmorecera na rede a súa actividade e neste mesmo ano desapareceu como colectivo. Pero desde o primeiro de decembro, e da man do informático Roberto Abalde, volve a internet Galego 21, iniciativa nada en 2000 co obxetivo de "organizar o desenvolvemento, tradución e espallamento de programas informáticos en galego". Agora estrea esta nova etapa con novo deseño do seu espazo internáutico e dous proxectos abertos: a tradución do navegador de moda, o Firefox, e a elaboración dun glosario básico dos equivalentes galegos de palabras de uso habitual no contorno da informática, que parte do dicionario realizado pola xente do Proxecto Trasno . Lembrámoslles que buscan colaboradores, e que pode participar calquera internauta voluntario con só rexistrarse.

- 17:55 02/12/2005
Tags:


5/5 (1 votos)