O Colexio Profesional de Xornalistas de Galiza, a través do Observatorio dos Medios, emitiu un comunicado no que "condena a instrumentalización partidaria do Consello de Administración da CRTVG" que, segundo este organismo, se desprende do "perfil estrictamente partidario" das persoas propostas polas formacións políticas e elixidas polo parlamento para ocupar os 12 asentos do Consello do ente público. O CPXG denuncia que os tres grupos parlamentarios "volveron infrinxir a normativa en vigor" que establece que os membros do Consello de Administración dos medios públicos galegos deben ser persoas "de recoñecido prestixio profesional". "O cambio nas políticas de comunicación segue a ser polo de agora unha asignatura pendente", conclúe o comunicado.