Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
LOGO QUE CRITICASE PRESUNTAS IRREGULARIDADES URBANÍSTICAS

Denuncian as posíbeis "motivacións políticas" do incendio do coche dun concelleiro de Nigrán

David Giráldez, concelleiro do BNG en Nigrán, denunciara hai tempo a posíbel recualificación de terreos de alto valor ecolóxico nunha zona de Monteferro onde hai semanas se talaran árbores de xeito ilegal e insinuara sobre os presuntos intereses urbanísticos agochados atrás dos proxectos de urbanización nese contorno. Esas denuncias foron lembradas polo concelleiro, logo que a pasada fin de semana lle queimaran o coche, aparcado diante da súa casa. O BNG comarcal cualificou de "atentado" esta acción, lembrando que a Garda Civil apuntou que a acción "non é obra de afeccionados" e advertindo que tería claro vencello coa denuncia de irregularidades no concello que os nacionalistas veñen facendo. O goberno local fixo público un manifesto de condena do ataque. O PINN, Partido Independente de Nigrán, con cinco concelleiros, e o PP, con outros cinco, gobernan en coalición este Concello, con PSdeG e BNG na oposición con cinco e dous asentos respectivamente.

  • Poden ampliar no portal do Val Miñor

  • - 08:00 22/11/2005
    Tags:


    0/5 (0 votos)