"A represión non nos fai nin nos vai facer calar", manifestaron este domingo na praza do Toural, en Santiago, os mozos detidos e posteriormente liberados na chamada Operación Castiñeira. A convocatoria en solidariedade cos independentistas, foi convocada ademais co obxetivo de criticar "unha represión que vai alén do propio mundo do indepententismo" e que segundo denuncian "aféctalle á regresión á que están sometidos os dereitos e liberdades de todos os galegos".