Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
LIBERDADE SEN CARGOS PARA OS DETIDOS

O Movemento polos Dereitos Civís pide explicacións pola "desproporcionada operación" Castiñeira

Logo do inédito despregue policial desta semana en varias cidades galegas, que incluíu a detención de dez mozos logo postos en liberdade sen cargos, a fiscalía houbo de recoñecer a imposibilidade de atribuírlles aos detidos os presuntos delictos de enaltecemento do terrorismo, que quedarían reducidos a delictos de danos e alteración da orde pública. Desde o Movemento polos Dereitos Civís consideran que a bautizada Operación Castiñeira "violentou dereitos fundamentais como a presunción de inocencia, o direito de asociación e de participación política e a liberdade de expresión, reunión, opinión ou difusión de ideas".

- 08:03 17/11/2005
Tags:

Incendios en caixeiros, destrozo de mobiliario urbano, pintadas ou queima de bandeiras, serían algúns dos delictos concretos polos que os xulgados poderían continuar a causa aberta contra os independentistas detidos esta semana en varias cidades galegas. A fiscalía recoñeceu este mércores a imposibilidade de abriren contra eles causa por delicto de terrorismo, e ao tempo que eran postos en liberdade sen sequera a toma de medidas cautelares, é probábel que finalmente o fiscal lle pida á Audiencia Nacional que traslade o caso aos xulgados galegos.

Dende o Movemento polos Dereitos Civís subliñan especialmente que se promovese unha "actuación absolutamente desproporcionada realizada pola Garda Civil", propiciando ademais que os detidos fosen vencellados co terrorismo "cando perante a Audiencia Nacional non se presentou ningunha denuncia relacionada con eses delitos". Segundo o colectivo, ese proceder só contribuíu a crear "un ambiente de alarma social en Galiza sin precedentes e a criminalización de persoas e colectivos sen ningunha fundamentación xurídica". Ao fío láianse incluso de que a algún dos detidos a súa implicación neste proceso lle causase a perda do posto de traballo.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: