Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
MEDIO MILLEIRO DE PERSOAS NUNHA CONCENTRACIÓN PROTESTA EN SANTIAGO

Os detidos na Operación Castiñeira poderían estar retidos até cinco días antes de declarar

Malia a presunta febleza das acusacións concretas a aplicación estrita dos procedementos vencellados ás operacións contra actividades presuntamente terroristas fará que os mozos detidos este luns en varias cidades galegas poidan permanecer retidos durante un período de entre tres ou ata cinco días antes de seren interrogados polo xuíz instrutor. Preto de medio milleiro de persoas concentráronse na noite do martes na praza de Cervantes, en Compostela, denunciando os excesos da operación e cualificándoa de "montaxe policial" destinada á creación dun "clima de alarma" arredor do independentismo. Ao tempo, desde os locais rexistrados chega queixa pola desaparición de material de uso habitual e mesmo cartos pertencentes aos colectivos culturais vencellados.

  • Anterior: A "Operación Castiñeira" continúa aberta

  • - 12:24 16/11/2005
    Tags:


    0/5 (0 votos)