Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PODERÍA ENFRONTARSE Á PENA DE MORTE

Nixeria encarcera o líder nacionalista biafrés

Ralph Uwazurike, líder do movemento nacionalista de Biafra Massob, foi encarcerado polas autoridades nixerianas acusado de alta treizón e de adestrar un exército biafrés. O Massob procura a independencia do estado suroriental de Biafra, onde vive unha maioría de poboación iba. O Movemento para a Consecución do Estado Independente de Biafra (Massob), ilegal dende hai tres anos, é unha organización que se di pacífica. Uwazurike e seis líderes máis do Massob poderían enfrontarse á pena de morte ou, máis probabelmente, á cadea perpetua, se ben negaron todas as acusacións. Biafra mantivo unha guerra contra Nixeria pola súa independencia entre 1967 e 1970, que custou un millón de mortos. Pero Uwazurike, que estudou na India, di seguir a Mahatma Gandhi e desexar a independencia a través dunha desobediencia civil non violenta. Nos últimos meses tamén foi encarcerado o líder nacionalista izon Mujahid Dokubo-Asari.

- 10:24 09/11/2005
Tags:


0/5 (0 votos)