Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PROMOVIDA POLA COORDINADORA GALEGA DE ONGDs E A XUNTA

Campaña sobre comercio xusto e consumo responsábel

A Coordinadora Galega de ONGD e a dirección xeral de Cooperación Exterior da Xunta presentaron a campaña que baixo o lema "Para todos, para todas, en todas partes" pretende "achegar á cidadanía o significado do Comercio Xusto, os seus principios e os seus obxectivos". Esta actuación desenvolverase ao longo dos vindeiros meses achegando o material informativo ao público e as diferentes organizacións xuvenís e sociais. En continuidade cos actos da campaña, realizarase tamén unha sesión de Contacontos titulada "Cantos e contos que van máis alá".

- 18:18 02/11/2005
Tags:

No acto de presentación da campaña, a Directora Xeral de Cooperación Exterior da Xunta, Fabiola Sotelo, apostou polo consumo responsábel e porque a cooperación ao desenvolvemento sexa "parte esencial da acción exterior da Comunidade Autónoma". Tamén participaron na presentación o presidente da Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento, Emilio Martínez Rivas, e máis a responsábel técnica desta organización, Mar Lado.

Fabiola Sotelo asegurou que co "consumo responsábel" non somentes se pretende "a redución da brecha Norte-Sur" a través do intercambio económico senón que se "ataca directamente ás causas estruturais da desigualdade e da pobreza". Porén, ofreceu o "apoio decidido" da Xunta a este tipo de iniciativas.

Para contribuír a promoción do Movemento do Comercio Xusto, editouse unha guía informativa de 32 páxinas, na que se explica a historia do Movemento, os seus fundamentos, e se ofrece información detallada dos puntos de venda dos produtos. Así mesmo, imprimíronse trípticos, carteis, postais, carpetas e separadores de libros para espallar a mensaxe Solidariedade, Igualdade, Progreso. Prezo Xusto. Traballo digno. A primeira das actividades programadas, un Conta-Contos, terá lugar mañán día 3 en Santiago, Juanjo Rodicio actuará ás 21,30 horas na Casa das Crechas con "Cantos e contos que van máis alá".

O persoal da Xunta, o Sergas e as Universidades tomará café mercado en tendas de comercio xusto
Na súa intervención, a Directora Xeral de Cooperación Exterior adiantou que a Xunta está a estudar a introdución do consumo do café do comercio xusto nas dependencias da Administración Autonómica, nas do Sergas e nas das Universidades Galegas. Sotelo explicou que co "consumo responsable" cada un de nós, "ao decidir se mercar ou non un produto, podemos tamén decidir se aceptamos ou non as condicións económicas ou laborais nas que se fabricou".


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: