"O diñeiro é capaz de mercar a deus bendito", comentou Isaac Díaz Pardo para os micrófonos da Radio Galega. O artista e empresario explicou que se "fixera unha ampliación de capital para incluír a Cerámicas do Castro na Fundación, pero certos socios quedáronse coa metade". "É unha cousa de xulgado de garda que debera investigarse", denunciou, cualificando de "desleal" a actitude deses socios e criticando de xeito concreto a "un individuo que non se sabe quen tén atrás". Díaz Pardo, que defende que Sargadelos é "algo máis ca unha empresa" dixo non querer que "especuladores entren aquí" e ao respecto das súas primeiras xestións para tentar a venda da súa parte en Cerámicas do Castro comentou que varias persoas lle responderon: "isto non vale un real se vostede se vai".
Anteriores: