En outubro do ano 2000, a empresa Sun MicroSystems mercaba á compañía que naquela altura realizara o paquete ofimático bautizado StarOffice e a continuación decidía facerlle libre doazón do código fonte do programa á comunidade internáutica. Este paso posibilitou o desenvolvemento do Open Office, unha alternativa de balde ao grupo de programas onde monopolizaba mercado o Microsof Office. Cincuenta millóns de persoas descargaron desde aquela algunha das versións, esta semana publican a 2.0, desta ferramenta de software libre dispoñíbel en máis de medio cento de linguas. Contámoslles tamén que a versión galega, logo dalgúns intentos xurdidos da comunidade internauta, será financiada polo Centro de Supercomputación de Galiza.