Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ALARGAMENTO DA UNIÓN EUROPEA

A UE chega un acordo para o comezo das negociacións con Turquía

A presidencia británica da UE envioulle a Turquía o texto que establece o marco das negociacións para o ingreso deste país na Unión. Despois de que Austria e Chipre, os dous países que presentaron maior resistencia ao comezo das negociacións con Turquía, aceptasen os termos do documento, a presidencia europea agarda agora a resposta turca antes de presentar o texto ante os ministros de Exteriores dos 25 países da Unión.

- 16:21 03/10/2005
Tags:

O primeiro ministro turco, Racep Tayip Erdogan declarou que aqueles que non poden afacerse á idea de ver a Turquía na UE non desexan a harmonía entre civilizacións. Pola súa parte, o ministro de Asustos Exteriores turco, Abdullah Gual, advertira que non iría a Luxemburgo até que os 25 non chegasen a un acordo.

Austria trataba de impedir que se incluise o termo "adhesión" no texto que establece o marco do proceso de negociación para a incorporación de Turquía á Unión Europea. Pola contra, o resto de socios da Unión apostan por unha plena adhesión dos turcos.

Posíbel comezo de negociacións tamén con Croacia
Por outra parte, a fiscal xefe do Tribunal Penal Internacional para a antiga Iugoslavia, Carla del Ponte comunicoulles aos ministros de exteriores da UE que as autoridades croatas "cooperan plenamente" con ese organismo na persecución dos criminais de guerra. Este informe favorábel podería abrir tamén a vía para o comezo das negociacións para a adhesión de Croacia á UE. "Podo dicir que desde hai semanas, Croacia está cooperando plenamente conosco e está facendo todo o que pode para localizar e deter ao ex-xeneral Ante Gotovina, (acusado de crimes de guerra)", sinalou Carla del Ponte.

  • Debemos decir non a Turquía (e canto antes), un artigo de Enrique Sáez Ponte
  • A ampliación da UE: ¿ata onde se estende Europa?, un artigo de Benjamín Kienzle


  • 0/5 (0 votos)


    Sen comentarios

    Novo comentario

    É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

    Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: