Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
REXEITADA A PROPOSTA DE FRANCIA, SUECIA, IRLANDA E REINO UNIDO

O europarlamento vota en contra da retención de datos telefónicos e de tráfico de internet

O pleno do europarlamento rexeitou o plan presentado por Francia, Irlanda, Suecia e Reino Unido que obrigaba os operadores de telecomunicacións a conservar os datos das conversas telefónicas, dos sms e dos correos electrónicos para poñelos a disposición dos responsábeis da loita contra o terrorismo. O parlamento europeo considera que a conservación destes datos é unha ameaza para a vida privada dos cidadáns e non é proporcional á dimensión do risco que se quere evitar. Con todo, a opinión da eurocámara neste asunto non é vinculante. Amais, os eurodeputados terán que debater nos próximos días unha proposta na mesma liña, pero desta volta presentada pola Comisión Europea.

  • Anteriores: Recurtan as nosas liberdades coa escusa da loita antiterrorista?

  • - 15:35 27/09/2005
    Tags:


    0/5 (0 votos)