Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
TOPONIMIA

A Xustiza rexeita o 'La', unha vez máis

O xuíz Fernando Fernández Leiceaga anulou nunha sentenza a decisión do pleno do Concello da Coruña respecto do topónimo, considerando que o consistorio non ten competencias para decidir o nome da cidade. O xuíz xa decidira en abril a suspensión cautelar do acordo, que fora acadado cos únicos votos favorábeis do PSOE, e dálle agora razón definitiva á Xunta no seu réxime de competencias.

- 07:33 16/09/2005
Tags:

A lei de Normalización, do ano 1983, sinala que é competencia do goberno autonómico a determinación dos topónimos do país. Pero a Lei de grandes cidades, aprobada en 2003 polo goberno de Aznar, rexía a forma en que as cidades máis populosas do estado podían alterar a súa denominación. Nesta lei era na que se apoiaba Vázquez para reclamar as competencias para colocar como nome oficial da cidade a dobre forma La Coruña - A Coruña.

O xuíz analiza na súa sentenza a lei de grandes cidades, e advirte que non introduce ningunha novidade sobre as competencias para decidir o nome das poboacións, senón única e exclusivamente sobre as maiorías que cómpren para adoptar o acordo. "A reforma que realiza a lei 57/2003 non autoriza a reabrir o debate sobre a denominación do Concello, e moito menos permite considerar que prive a Comunidade Autónoma de Galiza das súas competencias lingüísticas", destaca Fernández Leiceaga. O xuíz lembra tamén que o concello non respecto o procedemento estabelecido, que é solicitarllo á Xunta para que sexa a administración competente o que o autorice, e conclúe que o acordo do pleno coruñés é "nulo con todo o dereito".


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: