Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
QUEIXA A FOMENTO E AUDASA POLOS COLAPSOS

A Xunta pide que se supriman as peaxes da autoestrada cando hai retencións

Os lumes forestais e as protestas dos propios traballadores da empresa Audasa presionando a prol de subas nos seus salarios provocaron no que vai de agosto dúas retencións especialmente problemáticas na AP-9. Non é a primeira vez que por estes ou outros motivos se produce un colapso nesta vía, e en todos os casos Audasa teima en seguir cobrando as peaxes. Noutras xeografías, caso de Cataluña, é habitual que se deixe de cobrar para alixeirar o tráfico. Dende o goberno galego piden que se definan criterios neste sentido.

- 06:12 24/08/2005
Tags:

"Convén que Fomento e Audasa, en colaboración coa consellaría, traballen para concretar as condicións básicas que garantan unha prestación axeitada do servizo e que se definan esas situacións especiais onde os conductores queden exentos de pagar o importe da peaxe", explica a misiva, que asinada pola nova responsábel da consellaría de Política Territorial, María Xosé Caride, lle foi remitida a Audasa e ao ministerio de Fomento.

O goberno autonómico faise eco así da que vén sendo tamén unha petición reiterada tamén dende a Plataforma Cidadá pola Supresión das Peaxes. Política Territorial lembra que "a axeitada prestación de servizos é prioritaria para o bo funcionamento das relacións sociais e económicas en Galiza, considerando o papel de vertebración que esta infraestrutura ten na nosa economía".


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: