A apropiación das chaves bancarias dos usuarios para accederen ás súas contas, o bautizado Phising, é o calote internáutico máis denunciado nos últimos meses. Dende a Asociación de Internautas e CCOO insisten que deber ser o Banco de España quen a nivel estatal regule a seguridade da banca por internet e defina "un contrato tipo para a prestación deste tipo de servizos onde se fixen claramente as responsabilidades das entidades".
O incremento das fraudes detectadas nas últimas semanas non animou aínda á institución a responder á reiterada petición, subliñada dende a Asociación de Internautas e Comfia-CCOO para que arbitre un período de consultas coas entidades supervisadas, co Antiphising Working Group e coas asociacións de consumidores e internautas "para elaborar esa regulación".
Lembran que se detectou o intento de calotes a través de sitios web falsos que imitaban as webs orixinais de Caja Madrid, BBVA, BSCH e o Banco Popular, e que a fraude se está disparado no que vai do verán, e ao respecto insisten en que xa lles solicitaran aos bancos que lles enviasen aos clientes unha carta con recomendacións para evitar a trampa. "Só nos consta deica a data, que o fixo Caja Madrid", láianse.