Se de sempre existise a propiedade intelectual a humanidade non sería o que é, porque non existirían a epopeia de Gilgamesh, o Mahabharata e o Ramayana, a Ilíada e a Odisea, o Popol Vuh, a Biblia ou o Corán. Copyfight tenta ser un ciclo de actividades sobre a crise imparábel do sistema de propiedade intelectual actual (que xa conta con 300 anos e antigüidade) e a emerxencia da "cultura libre". O relator principal será Lawrence Lessig, unha autoridade internacional no ciberdereito que puxo un pleito a partir do que naceu o movemento que callou en Creative Commons. Tamén haberá lerias dobre as redes p2p, a piratería e a industria da música, as influencias entre estilos na historia da música...