A policía británica detivo varias persoas durante os rexistros que realizou en seis vivendas da localidade de Leeds, no condado de Yorkshire, en relación cos atentados de Londres. As detencións foron posíbeis despois de que a policía identificase un suposto terrorista entre os falecidos a causa da explosión da bomba colocada no autobús de Tavistock. Sky News, citando fontes da policía, afirma que as catro persoas que colocaron as bombas morreron na explosión. Por outra parte, a policía evacuou esta mañá a estación de tren de Luton, ao norte de Londres, despois de identificar un coche que podería ter relación cos atentados. A cifra oficial de vítimas é de 52, pero é probábel que o número aumente nas próximas horas.