Case dous meses despois de ter iniciada a súa segunda etapa como mediador, o ex senador norteamericano George Mitchell anunciou que o mércores reiniciaránse as conversas entre os partidos asinantes do acordo de "venres santo" do pasado ano. As negociacións están interrompidas dende que os unionistas de Trimble se negaran a aceptar a presencia de dous membros do Sinn Fein no goberno autónomo do Ulster, tal e como lle correspondía, se o IRA non facía entrega das armas con anterioridade. A posición do "ministro principal" e do seu partido contára co apoio dos unionistas opositores ao Tratado de Stormont liderados polo reverendo Ian Paisley, e co rexeitamento tanto do Sinn Fein como do SDLP que apoiou a decisión dun dos seus líderes, Seamus Mallon, de dimitir das súas funcións de "viceministro principal". Máis información no Canal Mundo de Vieiros.
.