Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
PROPOSTAS AO GOBERNO DO CONSELLO ASESOR DE TELECOMUNICACIÓNS

Prazo de catro anos para a meta da administración electrónica

Sen unha maior intensidade tecnolóxica, o crecemento a medio prazo da economía está "seriamente ameazado". Así o subliña o informe elaborado por representantes de diversos sectores sociais integrados no Consello Asesor de Telecomunicacións e Sociedade da Información, que este mércores lle presentaron as súas conclusións ao ministerio de Industria.

- 07:52 23/06/2005
Tags:

Investir no desenvolvemento da sociedade da información é sinónimo de investimento "rendíbel, tanto dende o punto de vista económico como social". A prol desa estratexia de investimentos insiste o informe consensuado polos representantes das organizacións sectoriais, sindicais, cidadás e da administración central, autonómica e local que integran a ponencia deste Consello Asesor, reunido por encargo do ministerio para a elaboración dun diagnóstico da situación da sociedade da información no Estado.

O presidente da ponencia, Emilio Ontiveros, fixo entrega deste informe aprobado por unanimidade polos sectores integrantes, e que pon o obxectivo dunha administración "sen papeis" a curto prazo coma unha das propostas destacadas, con ambiciosas propostas para o avance nos ámbitos sanitario, educativo ou xudicial. Iniciativas coma a plena introducción do historial clínico electrónico, receta médica electrónica; matrículas ou titorías a través de internet ou seguemento dos procesos xudiciais a través de medios telemáticos, están entre as recomendacións máis concretas.

Os ponentes tamén destacaron a necesidade de que o goberno e o conxunto das administracións asuman "un liderado activo" para acelerar o avance da sociedade da información e piden "un acordo de Estado" ao respecto. Asimesmo, solicitan atender especialmente á divulgación dos plans de converxencia entre os cidadáns e os axentes sociais e económicos. Todo isto debera conseguirse, segundo propoñen, cun "esforzo orzamentario extraordinario" nos próximos seis anos.


Ligazóns

0/5 (0 votos)