Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
VELA

Echavarri e Paz conseguen o primeiro mundial de vela para Galiza

Os galegos Fernando Echavarri e Antón Paz son os primeiros galegos en proclamárense campións do mundo de vela, no seu caso en clase tornado. Echavarri e Paz, que chegaron ao ecuador do mundial en primeira posición, beneficiáronse dunhas últimas regatas moi irregulares, con vento en lufadas. O campionato mundial da clase tornado de vela desputouse ao longo da última semana na cidade francesa de La Rochelle.

- 17:05 19/06/2005
Tags:

Os regatistas galegos conseguiron o título mundial diante das sesenta mellores tripulacións do planeta. No ecuador da proba, todos os favoritos se situaban entre os sete primeiros, agás a tripulación bretoa de Guichard e Guyader, que fixo tres mangas moi malas e está colocada na novena posición. Echavarri e Paz gañaron a primeira das mangas, pero despois fixeron unha pésima segunda e unha frouxa sexta regata. Dese xeito, tiñan 26 puntos, só tres por baixo dos británicos McMillan e Howden (29).

Pero unha sexta praza na sétima regata, e sobre todo unha terceira na oitava regata foron definitivas para proclamárense campións do mundo. Especialmente dende que os seus máis directos rivais chegaron na posición 15ª na oitava regata. A última manga houbo de anularse pola ausencia do vento, e grazas a unha reclamación admitida, Echavarri e Paz puideron proclamarse campións. Fernando Echavarri e Antón Paz afirmaron estar satisfeitos por "cumpriren o seu obxectivo" e especialmente polo rendemento ao longo da semana e pola progresión nesta tempada".

CLASIFICACIÓN XERAL
1º Fernando Echavarri e Antón Paz (GZ). 1-(36)-4-2-2-17-6-3-RDG = 43,90
2º Leigh McMillan e William Howden (GBR). 10-1-10-(15)-5-3-2-15-2 = 48
3º Xavier Revil e Christophe Espagnon (FRA). 7-7-17-8-3-9-3-22-(BFD) =76
4º Johannes Polgar e Florian Spalteholz (ALE). 2-9-7-11-9-20-16-(42)-4=78
5º Yann Guichard e Alexandre Guyader (BZH). (23)-3-11-22-21-1-10-10-5=83
Clasificación completa


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: