A Fundación Ferias e Exposicións de Lugo ven de poñer na rede a súa páxina, no enderezo http://lugonet.com/expolugo, o que constitúe unha tentativa de acadar mellor e máis ampla comunicación con posibles expositores e visitantes.
O Recinto Feiral de Lugo é un dos máis modernos de Galicia. Inaugurado en abril de 1998, servíu para a recuperación da tradicional Feira de San Froilán, agora rebautizada coma Expolugo, e acolleu tamén moitos outros certames e actividades, coma a instalación dunha pista de patinaxe sobre xeo durante o Nadal, e varias feiras do Automóvil e da Vivenda. O próximo certame é precisamente Expodecor 99, o Salón da Vivenda.
A páxina de Expolugo permite a formalización de preinscripcións ós expositores e ofrece abondosa información sobre as instalacións e a programación de actos no recinto, tanto no que se refire ás actividades previstas coma as realizadas no pasado.
Os intenautas que xa estean enganchados a Vieiros-Lugo deben saber, se non o saben xa, que a fotografía que serve de cabeceira a esta edición local é a fachada do pabellón central do recinto feiral lucense.