Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
O BANCO EUROPEO DE INVESTIMENTOS (BEI) ANALISA O PROXECTO

A FEG expón a súa postura contraria ao proxecto de Porto Exterior da Coruña

A Federación Ecoloxista Galega (FEG), xunto con outras organizacións ecoloxistas galegas e estatais (ADEGA, Greenpeace,WWF/Adena, Comité de Defensa das Rías Altas) reuniuse o 25 de maio cunha delegación do Banco Europeo de Investimentos (BEI). Nese encontro, a FEG entregoulle a documentación pola que considera ambientalmente agresivo e ilegal o proxecto do Porto Exterior da Coruña. A FEG informou negativamente sobre a construción do porto, como fixeron tamén todas as demais organizacións ecoloxistas presentes.

- 14:58 27/05/2005
Tags:

O BEI estivo na Coruña para avaliar o proxecto do Porto Exterior e para analisar profundamente éste, coa finalidade de verificar súa conformidade coas políticas da UE, a súa xustificación económica, e a súa viabilidade ambiental, financeira e técnica.

Para a FEG, o proxecto non reúne unha adecuada xustificación económica e resulta inviábel desde o punto de vista ambiental. Destacamos os seguintes aspectos:

-Iniciáronse as obras de construción do porto, con data de 2 de abril de 2005, estando aínda pendente de financiación a maior parte do proxecto, polo que non se garante a construción máis aló da fase de inicio das obras. A viabilidade económica queda a expensas da UE. Dadas as atípicas circunstancias que rodean a este proxecto, coidamos que se contravén o disposto no artigo 14, relativo á garantía financeira, da Directiva 204/35/CE do Parlamento Europeo e do Consello do 21 de abril de 2004, sobre responsabilidade ambiental en relación coa prevención e reparación de danos ambientais.

- A declaración de impacto ambiental do porto foi aprobada con data de 16 de febreiro de 2001 por parte do Ministerio de Medio Ambiente e antes de coñecerse o proxecto final. Na actualidade non se axusta ao que finalmente se puxo en marcha (e aínda suxeito a modificacións), polo que, a xuízo da FEG, estaríase incumprindo a Directiva 2001/42/CE relativa á avaliación dos efectos de determinados plans e programas no medio ambiente.

-No 2001, o Ministerio de Fomento desbotou o proxecto debido "a las dificultades técnicas que presenta la obra", para o que tivo en conta o informe do CEDEX (Centro de Estudios y Experimentación de Obras Públicas del Ministerio de Fomento). Este informe consideraba o proxecto inviábel e afirmaba que se tiña elixido a peor das localizacións posíbeis. Igualmente, foi considerado inviábel dende o punto de vista ambiental pola Dirección General de Costas, por ser moi impactante nunha zona de costa ben conservada.

-Atrás do proxecto de porto exterior é sabido publicamente o grande interese especulativo inmobiliario que existe.


Ligazóns

0/5 (0 votos)